O Concello contrata a segunda fase das escaleiras mecánicas da Porta do Sol

martes, 18 abr 2017

O proxecto ten un orzamento superior ao millón de euros e permitirá continuar o primeiro tramo para salvar o desnivel coa rúa Abeleira Menéndez. O goberno municipal comezou o estudio previo á construción do túnel para crear unha "gran praza" na Porta do Sol e vén de asinar co IFEVI o convenio de cesión do solo para ampliar o Recinto Feiral.