luns, 9 out 2017
O Concello incorporará aos orzamentos de 2018 unha partida de 326.000 euros para avanzar no proxecto da estación intermodal e do túnel que vai evitar o paso elevado de Alfonso XIII. Segundo avanzou Caballero, en próximos días se convocará unha reunión co resto de implicados nesta obra: Goberno de España, Xunta de Galicia e Inmochan, empresa que vai construír o centro comercial de Tom Mayne.
xoves, 5 out 2017
O alcalde deu conta da aprobación dun novo proxecto do Vigo Vertical por importe de 2,8 millóns, en verbas de Caballero, "unha das grandes transformacións da cidade" que suporá a renovación do parque Camilo José Cela, cun ascensor que una Torrecedeira con Pi y Margall e unha nova área de xogo infantil.
luns, 2 out 2017
O goberno local deu luz verde á contratación do subministro de material para para obras no rural por valor de 1,2 millóns, unha cantidade á que hai que sumar outros 340.000 euros para renovación de firmes en diferentes parroquias da cidade.
venres, 29 set 2017
Abel Caballero deu conta esta mañá da aprobación do proxecto de humanización da segunda fase de María Berdiales, entre Gran Vía e Hernán Cortés, cun orzamento de case 200.000 euros. Na mesma Xunta de Goberno, tamén se deu luz verde a un modificado do proxecto do aparcamento do Álvaro Cunqueiro, unhas obras que, tal e como adiantou o rexedor, rematarán en decembro.
luns, 18 set 2017
Caballero e Silva fixeron o anuncio durante a visita aos traballos de remodelación da bancada de Río do Estadio Municipal de Balaídos, onde xa se izou a primeira estrutura da nova cuberta. A adenda ao convenio será aprobada esta semana e incluirá o proxecto técnico de aparcamento e os dous fondos: "é o paso inicial para a concesión do campo de Balaídos", adiantou o alcalde.
xoves, 14 set 2017
Tras a Xunta de Goberno Local deste xoves, Caballero informou da clasificación de ofertas -antiga adxudicación provisional- das obras de asfaltado dun total de dezasete viais da cidade, por importe de 902.000 euros. Ademais, o Concello aprobou a humanización da rúa Fátima, por 225.000 euros.
xoves, 7 set 2017
A Xerencia de Urbanismo deu luz verde ao expediente de contratación das obras que mellorarán esta zona de San Roque, que se une á humanización xa prevista na rúa Colombia.
xoves, 7 set 2017
O goberno local aprobou esta mañá a contratación dos traballos de mellora da pavimentación de García Olloqui e Praza Compostela por un importe de 1,2 millóns de euros e un prazo de execución de seis meses. O rexedor explicou que con esta actuación se arranxará a "chapuza" de humanización que realizou o goberno do PP en Vigo hai unha década.
luns, 14 ago 2017
Segundo apuntou Caballero, a Xunta de Goberno Local autorizou o cambio do trazado da segunda fase das escaleiras mecánicas que unen Porta do Sol con Abeleira Menéndez, para salvar unha galería histórica e evitar danos na cimentación da muralla do século XVII atopadas nos sondaxes arqueolóxicas.
venres, 11 ago 2017
Segundo apuntou o rexedor, o obxectivo do Concello é ampliar as instalacións que emprega a Banda de Música da Escola. Amais o Concello destinará 165.000 euros á instalación de novos bancos na cidade e 130.000 para renovar árbores e plantas.