O goberno municipal acomete 31 humanizacións no rural por valor de máis de 2 millóns de euros
O alcalde deu conta este venres do inicio, nos próximos días, de trinta e unha actuacións nas parroquias viguesas e informou da prórroga do contrato do Centro de Usos Múltiples Vigosónico.
O goberno municipal traballa estes días na humanización de diferentes vías do rural en Cabral (Fontiñas de abaixo e Regueira), en Lavadores (Subida a sello), en Matamá (camiño Ribas) e en Beade (Seixo) logo de finalizar os traballo en Fragoselo e Camiño Rial.
Segundo anunciou Abel Caballero, esta semana darán comezo as obras das 31 humanizacións previstas nas parroquias viguesas que superan os 2 millóns de euros de orzamento. Os traballos inícianse na baixada á Praia de Saiáns e continúan polas rúas Cabada, Babío, Balde e Barreira en Beade; Costa Peteta e Riobóo en Sárdoma; Naia, Sabaxáns, Pardavila, Vello, Santa Cristina, Cortellas, e Camiño Pombal en Lavadores; Segade en Bembrive, Rabadeira en Candeán, Doutor Corbal en Teis, Camiño Río da Barxa en Coruxo, Estrada Igrexa Roteas en Oia, Estrada da Costa en Valadares; en Cabral: Chamuscada, Becerreira, Rúa Figueiras e Santa Marina; Camiño Fontes e Camiño Turido en Alcabre e Manuel Cominges e Carrazóns en Matamá.
Xunta de Goberno Local
O rexedor informou da aprobación da prórroga do contrato de xestión do Centro de Usos Múltiples Vigosónico, que tal e como expuxo, é empregado por xente nova e que está tendo un resultado "extraordinario; funciona moi ben".
Descargar todas as imaxes