xoves, 26 out 2017
O alcalde informou este xoves da activación deste plan -aprobado polo goberno de Vigo en outubro de 2011- que inclúe a supresión de regos, baldeos e fontes, entre outras. Caballero apuntou que o subministro está garantido 104 días mais é preciso un aforro de auga "de verdade", polo que solicitará a adopción das mesmas medidas nos municipios que reciben auga dos encoros vigueses.<br />
venres, 20 out 2017
A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación do novo proxecto do Vigo Vertical, unha completa redefinición do parque, entre outros aspectos, cun ascensor entre Torrecedeira e Pi y Margall e unha gran área infantil. O Concello adica ao efecto 2,8 millóns, explicou Caballero.
martes, 17 out 2017
A empresa que realiza as obras de Balaídos revisará toda a cuberta de Río ao detectarse un problema en 13 das 3.000 barras que forman o primeiro módulo da estrutura. Con obxectivo de garantir ao máximo a seguridade, dixo o rexedor, mañá mércores procederase a baixar a parte do módulo afectada para estudar a situación con maior rigurosidade.
venres, 13 out 2017
Caballero informou este venres da licitación -por 871.000 euros- da remodelación da rúa, que engade aos estándares habituais de calidade das humanizacións a instalación dun elevador acristalado á altura da rúa Instituto Oceanográfico. O alcalde tamén anunciou a aprobación das reformas de José Frau e Camilo José Cela.
martes, 10 out 2017
O alcalde presentou esta mañá aos comerciantes de Teis a nova praza que se vai construír na confluencia de Sanjurjo Badía coa rúas Nardos e Santander. Tal e como indicou en posterior rolda de prensa o orzamento desta nova zona de encontro cidadá elévase aos 600.000 euros e a previsión é que estea rematada nun ano.
luns, 9 out 2017
O alcalde presentou este luns á dirección de El Corte Inglés a obra que conectará Urzáiz coa Praza de España a través de once ramplas mecánicas. A reforma, que podería contratarse no segundo trimestre de 2018, incorporará elementos diferentes nos catro tramos do bulevar central, como zona WiFi ou sistemas de obtención de enerxía coas pegadas. <br />
luns, 9 out 2017
O Concello incorporará aos orzamentos de 2018 unha partida de 326.000 euros para avanzar no proxecto da estación intermodal e do túnel que vai evitar o paso elevado de Alfonso XIII. Segundo avanzou Caballero, en próximos días se convocará unha reunión co resto de implicados nesta obra: Goberno de España, Xunta de Galicia e Inmochan, empresa que vai construír o centro comercial de Tom Mayne.
xoves, 5 out 2017
O alcalde deu conta da aprobación dun novo proxecto do Vigo Vertical por importe de 2,8 millóns, en verbas de Caballero, "unha das grandes transformacións da cidade" que suporá a renovación do parque Camilo José Cela, cun ascensor que una Torrecedeira con Pi y Margall e unha nova área de xogo infantil.
luns, 2 out 2017
O goberno local deu luz verde á contratación do subministro de material para para obras no rural por valor de 1,2 millóns, unha cantidade á que hai que sumar outros 340.000 euros para renovación de firmes en diferentes parroquias da cidade.
venres, 29 set 2017
Abel Caballero deu conta esta mañá da aprobación do proxecto de humanización da segunda fase de María Berdiales, entre Gran Vía e Hernán Cortés, cun orzamento de case 200.000 euros. Na mesma Xunta de Goberno, tamén se deu luz verde a un modificado do proxecto do aparcamento do Álvaro Cunqueiro, unhas obras que, tal e como adiantou o rexedor, rematarán en decembro.