mércores, 12 mai 2021
O alcalde criticou esta mañá o atraso de máis de 11 meses na emisión do informe vinculante solicitado á Consellería de Sanidade para avanzar no proxecto da nova potabilizadora na que está a traballar o Concello. Caballero acusou á Xunta de obstruír esta dotación supramunicipal para que Vigo se queden sen auga.
xoves, 6 mai 2021
O alcalde informou da aprobación dos pregos e apertura do concurso público para unhas obras que durarán seis meses. A Xunta de Goberno Local tamén contratou este xoves a segunda fase da humanización de Purificación Saavedra e adxudicou a mellora da Estrada da Venda, ás que o Concello adicará máis de medio millón de euros.
mércores, 5 mai 2021
A Xunta de Goberno Local aprobará este xoves a adxudicación da contratación das obras do proxecto para cubrir o patio que se realizan en virtude do convenio asinado entre o goberno municipal e a Deputación de Pontevedra que inclúe tamén o patio do Ceip Balaídos.
martes, 27 abr 2021
O alcalde explicou cal é a situación actual das obras de remodelación que se realizan no Estadio Municipal para a construción da nova grada de Marcador e a mellora dos asentos nas ringleiras de Río Baixo.
luns, 26 abr 2021
O alcalde falou este luns de infraestruturas rexeitando o tren a Bouzas que “non o precisa” nin a cidade, nin o Porto e que ademais “rompe” Vigo e avanzou que o túnel de Beiramar será o “proxecto que imos levar adiante”.
xoves, 22 abr 2021
A Xunta de Goberno Local resolveu este xoves o concurso público para completar “unha das grandes obras da cidade”, segundo explicou Caballero: a senda peonil e ciclista que unirá Urzáiz con Chapela pola antiga vía do tren. Contando coa primeira fase xa aberta, o orzamento se eleva a case 3,4 millóns de euros.
xoves, 22 abr 2021
O alcalde informou en rolda de prensa do proxecto de humanización da Praza Francisco Fernández del Riego que terá un investimento de 2.312.000 euros e un prazo de execución de 12 meses co fin de que sirva como novo ámbito cidadá.
martes, 20 abr 2021
Cun orzamento de máis de medio millón e un prazo de execución de sete meses, o Concello está a piques de acometer a primeira parte da humanización de Taboada Leal. O primeiro tramo no que se actúa é o comprendido entre o Don Bosco e Venezuela.
xoves, 15 abr 2021
A Xunta de Goberno Local deu luz verde este xoves á adxudicación da contratación de varias obras que supoñen, en palabras do rexedor, unha “mobilización de investimento extraordinaria”. Destacou a mellora de 21 vías da cidade por máis dun millón de euros e a reforma do paseo marítimo de Bouzas por case 4 millóns de euros.
xoves, 8 abr 2021
A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar a contratación das obras do proxecto de humanización da rúa, que ten un prazo de execución de oito meses e que supoñerá unha renovación completa. Aprobou tamén indemnizacións por máis de 263.000 euros pola suspensión de contratos motivada pola situación de pandemia.