O Concello prosigue coas obras do túnel da Porta do Sol
O alcalde anunciou en rolda de prensa que retómanse os traballos logo do informe positivo de Patrimonio. A praza da Porta do Sol estará rematada en agosto.
Abel Caballero anunciou que seguen as obras no túnel da Porta do Sol logo de recibir o informe de Patrimonio no que ratifican o documento da arqueóloga municipal e conclúen que “os restos atopados na rúa Elduayen non teñen singularidade especial relevante”
O alcalde sinalou que, polo tanto, seguen as obras tanto no tramo de Elduayen como na conexión de Policarpo Sanz coa Porta do Sol: “Imos quitar unha parte superior do Túnel dos Caños e seguimos coa obra. Entendemos que hai que velar polo patrimonio”, declarou.
Caballero anunciou que nas festas do Cristo, a praza da Porta do Sol estará rematada “como a gran praza peonil de Vigo”: “Estamos pavimentando e xa recibo felicitacións”, concluíu.