A cidade celebra o Día da Árbore cunha plantación simbólica en Celso Emilio Ferreiro
“Queremos seguir dotando a Vigo co máximo de masa forestal” apuntou o rexedor ao dar conta da conmemoración deste 21 de marzo na cidade.

O Concello celebra o Día da Árbore este ano 2022 cunha plantación simbólica no parque da rúa Celso Emilio Ferreiro. Serán tres camelios de copa que se sumarán á zona verde desa contorna da cidade.
“Desde que son alcalde plantamos ducias de milleiros de árbores e queremos seguir nesta liña, dotando a Vigo co máximo de masa forestal”, explicou Abel Caballero ao informar da plantación de 200 árbores de diferentes especies que está realizando o Concello este temporada. Con esta acción queren repoñerse os exemplares danados, secos ou aqueles que non enraizaron ben de plantación recente.