O programa “Vigo pola inserción laboral” remata cun éxito de máis do 80% dos participantes
O alcalde di rozar “o 100% de éxito” xa que os que abandonan o programa “é fundamentalmente porque atopan un traballo que fai incompatible seguir cos cursos”
Abel Caballero amosou a súa satisfacción polos datos obtidos do programa “Vigo pola inserción laboral”, no que 80% dos participantes remataron a súa formación. Esta formación está dirixida a persoas que pertencen aos colectivos máis vulnerables. O programa ten unha dimensión social, que ademais de mellorar as competencias para atopar un emprego.
O importe do programa é de 2.122.611,34 euros, dos que o 80% son do Fondo Social Europeo e o Concello adica o 20% restante.
Caballero cualificou de “éxito inenarrable” os datos e cifrou o éxito “case no 100%, xa que fundamentalmente os que non rematan a súa formación é porque atopan un traballo cos que non é posible seguir nos cursos”.
O alcalde anunciou que agora estes resultados vanse presentar á distintas asociacións, como a CEP, Empresarias de Galicia e UXT, como di a normativa europea. Caballero anunciou que Vigo optará ás novas convocatorias “para que as persoas atopen un emprego na cidade”
En “Vigo pola inserción laboral” participaron 303 alumnos, dos cales 202 foros perceptores das bolsas que acadaron unha cuantía de 203.982,70 euros. Fixéronse 21 accións formativas entre as que destacan cociña, ventas, loxística, atención sanitaria, soldadura, actividades auxiliares de comercio, etc.