Vigo acolle o World Padel Tour coa participación das mellores pas desde deporte
Desde este luns e ata o próximo domingo, dispútase o Vigo Open 2022, a terceira proba da temporada do World Padel Tour, no Ifevi. O alcalde e a presidenta da Deputación presentaron o evento este luns no Pazo Quiñones de León.

Coa presenza de tres deportistas que participan no torneo: a portuguesa Ana Catarina Nogueira e os galegos Martín Piñeiro e Adrián Blanco Antelo, o alcalde destacou a “grande afección ao padel” que hai na cidade.
Para Caballero o World Padel Tour é “un evento de primeira magnitude” que “queremos que quede en Vigo e transmitir o deporte e a vida saudable. Para conseguir que o deporte chegue ao máximo nivel, temos que traballar desde a base”, afirmou.
Para a presidenta da Deputación, Carmela Silva, “é unha gran noticia” que a provincia acolla esta competición de alto nivel que ten “unha incidencia moi importante no turismo”. Ademais augurou que “imos gozar moitísimo durante toda esta semana co seu altísimo nivel”.
O Concello apoia o evento cunha axuda de 160.000 euros cos que, entre outros custos, se asume o pagamento do alugueiro do IFEVI, cifrado por enriba dos 60.000 euros.



