martes, 20 xul 2021
O alcalde visitou hoxe martes o inicio dos traballos de derrubo da antiga cafetería do paseo de Samil, areal que gañará case que 600 metros cadrados de novo espazo verde unha vez conclúa a obra. Caballero subliñou que os operarios aplaudiron a decisión de tirar a estrutura, dado o “estado de deterioro” do cemento.
mércores, 14 xul 2021
A empresa está reforzando os muros existentes e demolendo os distintos solos do subterráneo para preparalo para a circulación rodada en túnel. A finais de agosto está previsto que comece a colocación da estrutura que soportará a praza peonil en superficie e o paso inferior dos vehículos.
venres, 9 xul 2021
O alcalde visitou este venres os traballos de mantemento e reforma da instalación xunto ao Álvaro Cunqueiro, que dá cabida de balde a máis de 400 coches. Vigo adica case 100.000 euros á obra, que inclúe “pequenas modificacións” para facilitar a entrada e para o acceso dos vehículos de discapacitados.
xoves, 8 xul 2021
Abel Caballero e Carmela Silva visitaron este xoves o inicio dos traballos de demolición da bancada no Estadio Municipal de Balaídos. O rexedor cualifica a remodelación como “a maior obra pública da historia da cidade”, que “sería imposible sen o apoio da Deputación”.
xoves, 8 xul 2021
A Xunta de Goberno Local aprobou a proposta de adxudicación das obras de rehabilitación do edificio situado no Casco Vello da cidade, na rúa Alta, 23, que o goberno municipal quere dedicar á formación para o emprego. Amais, adxudicáronse as humanizacións das rúas Rosal e Subride que suman 553.000 euros de investimento.
martes, 6 xul 2021
O alcalde e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, visitaron este martes o comezo das obras, que se enmarcan no convenio asinado entre o o consistorio olívico e o ente provincial e que inclúe tamén a cuberta do patio do Ceip Pintor Laxeiro.
venres, 2 xul 2021
Abel Caballero puxo a primeira pedra da humanización da Estrada da Venda, en Beade, que ten un prazo de execución de catro meses. A obra inclúese dentro do convenio coa Deputación de Pontevedra.
xoves, 1 xul 2021
A Xunta de Goberno Local aprobou a compensación á concesionaria do servizo público de transporte urbano colectivo de viaxeiros pola redución de ingresos debido á pandemia do Covid-19.
martes, 29 xuñ 2021
O alcalde supervisou esta mañá o inicio dos traballos de demolición do antigo aparcamento de Porta do Sol para poder seguir avanzando na construción do túnel. Desde hoxe unha grúa de 220 toneladas situada na zona do Sireno permitirá retirar a estrutura existente.
luns, 28 xuñ 2021
Nun acto celebrado este luns na estación Vialia, a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, explicou que o estudo hidroxeolóxico recolle a “idoneidade do trazado” do AVE polo que non se prevén contraindicacións do informe de impacto ambiental. Amais, o 2 de xullo o Ministerio abre as ofertas económicas para a redacción dos proxectos construtivos da saída sur de Vigo.