A cidade suma 3,5 quilómetros de paseo na contorna do río Lagares
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou este martes a adxudicación da contratación das obras do paseo fluvial no río Lagares, no tramo comprendido entre Manuel Álvarez e a Avenida de Madrid. O alcalde deu conta este martes da evolución doutras obras da cidade.
Abel Caballero explicou o a “grande actuación” que desenvolverá o Concello para dar continuidade ás sendas que existen na actualidade no curso do río Lagares. Este novo tramo ten unha lonxitude de case 3,5 quilómetros cun “valor medioambiental e ecolóxico fundamental, con fervenzas, rápidos e no que facilitaremos a accesibilidade e o paseo na zona”.
Tal e como recolle o estudo ambiental do proxecto, o novo tramo do paseo fluvial do Lagares incorporará 140 árbores de gran porte, fundamentalmente carballos e freixos, e sumará 640 arbustos e pequenas árbores para acadar un total de 800 especies.
O prazo de estimado de execución da obra é de 4 meses, polo que a cidade contará entón cunha unha nova área de paseo na contorna do río Lagares.
Obras na cidade
No referente a outras obras que se están executando na cidade, o alcalde sinalou que “vai a moi bo ritmo o ascensor da Praza da Estación”, que servirá para enlazar a fachada histórica coa moderna, realizada polo recoñecido arquitecto estadounidense Thom Mayne. Será “un ascensor panorámico, recuberto de cristal” e estará finalizado este verán.
Por outra banda, anunciou que comezará a execución do ascensor Halo de forma inminente, xa que neste momento se está realizando o “acopio de materiais e a preparación da obra”. O ascensor terá un custe de 12,5 millóns de euros nos que colaborará financiando o Goberno de España.
Na rúa Severino Cobas está a piques de rematar a humanización, entrando en funcionamento previsiblemente a próxima semana. Tamén a se encontra a piques de ser inaugurada a segunda fase da rúa Colombia, cunha inversión preto do millón de euros.
En canto á Vía Verde hai “un tramo enteiro listo para a súa finalización”, quedando en funcionamento este 2022 e co obxectivo de abrir o resto o próximo ano. Tamén sinalou Abel Caballero que “a obra das ramplas de Gran Vía vai a moi bo ritmo”.