Caballero traslada o seu pésame polo falecemento do exministro José Guirao
O alcalde reivindicou en rolda de prensa o compromiso de Guirao coa Biblioteca do Estado en Vigo.
![Arquivo: O alcalde nun encontro mantido co exministro de Cultura, José Guirao.](https://xornal.vigo.org/storage/images/opt/sWKBXQ3J9zpX7b22KVAI8LvV413KS05lBWEkIXJz.jpeg)
Abel Caballero trasladou en rolda de prensa o seu pésame polo falecemento do exministro de Cultura, José Guirao. O rexedor reivindicou a súa dimensión persoal, cultural e artística e puxo de manifesto a súa labor ao frente do Ministerio. O alcalde “agradece moitísimo” á súa figura o compromiso pola Biblioteca do Estado e a súa inclusión nos Orzamentos Xerais do Estado: “Comprometeuse e deu todo o seu apoio”, reivindicou. Caballero trasladou o seu cariño á familia e seres queridos.