O alcalde felicita aos axentes de Policía e Protección Civil que dan seguridade nas praias
Abel Caballero achegouse ata a praia de Samil para saudar aos 55 efectivos de Policía Local e Protección Civil que vixían os areais da cidade e que estarán xunto ao persoal de socorrismo, sumando así máis de 100 persoas as que garanten a seguridade no verán.

O rexedor felicitou persoalmente aos axentes da Policía Local e persoal de Protección Civil que están a traballar nas praias para garantir a seguridade da cidadanía. Abel Caballero louvou a súa acción e transmitiulles o apoio do goberno local ao seu traballo.
En total están a traballar este verán nos areais de Vigo 100 efectivos da Policía Local, Protección Civil e Socorrismo. O obxectivo é garantir a seguridade dos usuarios e as praias, así como vixiar e protexer os espazos naturais.
Segundo explicou o alcalde en rolda de prensa, o servizo de seguridade e socorrismo está en marcha desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro e actúan en todos os areais, incluídos as Illas Cíes.


