A Praza da Miñoca terá 160 novas árbores
As árbores en mal estado foron retiradas e substituirase polas mesmas especies, o Cerezo Kanzan e Liquidambar Festival

Continúa a humanización da Praza da Miñoca, que contará con 160 novas árbores e substituirase as 26 árbores en mal estado por outras da mesma especie. Abel Caballero informou en rolda de prensa que tras a revisión feita para a humanización da zona, detectáronse que estas 26 árbores, cerezos kanzan e liquidambar festival, tiñan “inclinacións con deficiencia de ancoraxe, danos internos, enfermidades estacionais e outras patoloxías polos que non se considera adecuado o seu mantemento”.
A Praza da Miñoca terá en total 365 árbores. A humanización, cun importe de 1.600.000 euros, terá ademais un parque infantil e de maiores, o río artificial, unha zona parkour, novas redes de abastecemento e saneamento e iluminación eficiente.