O Concello inicia a próxima semana a segunda fase da humanización de Camelias

martes, 1 abr 2014

O goberno local empezará a próxima semana os traballos de humanización da segunda fase de Camelias -rúa Ourense-Doctor Marañón-, cando está a punto de rematar o tramo que vai desde Praza Independencia á rúa Ourense. Cun orzamento de preto de 2,5 millóns para as dúas fases, Caballero cualificou esta humanización "como unha das grandes obras da cidade".

Regades anuncia o comezo de obras en Hispanidad e o novo acceso a Navia

luns, 10 mar 2014

O concelleiro de Fomento deu conta esta mañá de que ao longo de marzo e abril iniciaránse obras de abastecemento e saneamento en distintas zonas da cidade. Ademais de múltiples obras no rural, David Regades referiuse ao comezo das obras de Hispanidad e o novo acceso a Navia, onde tamén comeza a construcción dunha escola infantil.

O Concello impulsa un proxecto para mellorar a eficiencia e o aforro enerxético nas vivendas

venres, 14 feb 2014

O alcalde rubricou este venres o convenio, no que participan Gas Natural, FAIMEVI, Foncalor, Instalectra, APEC e Asemaco, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética nos edificios de vivendas da cidade. Gas Natural movilizará 12 millóns no financiamento das reformas e os usuarios recuperarán o investido co aforro da enerxía dos seguintes cinco anos, segundo explicou Caballero.