martes, 23 xuñ 2015
Caballero inspeccionou esta martes a humanización do primeira fase de Gerona -desde Gran Vía a Alfonso X el Sabio-, na que se investiron 350.000 euros. Esta rúa está dotada dun sistema de eficiencia enerxética e un cargador para dispositivos electrónicos.
xoves, 11 xuñ 2015
O alcalde supervisou hoxe xoves a evolución das obras do ascensor inclinado que unirá Menéndez Pelayo e Camelias e que, previsiblemente entrará en funcionamento no mes de setembro. Durante a visita, lembrou que o goberno local vai a seguir a traballar no proxecto do Vigo vertical para superar as dificultades da orografía viguesa.
mércores, 10 xuñ 2015
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu na mañá deste mércores a María Berdiales para supervisar a evolución dos traballos de humanización que acomete o Concello nunha rúa "no corazón de Vigo" que "sufría afundimentos continuos". Nesta visita, avanzou, asimesmo, que a rúa Manuel Núñez terá o tráfico restrinxido para residentes.
martes, 9 xuñ 2015
O alcalde de Vigo visitou hoxe martes os traballos de mellora que está a levar adiante o Concello na Avenida da Florida, como parte do Plan Verde municipal, que conta cun orzamento próximo ao millón de euros. En base a esta actuación, o goberno de Vigo habilita zonas axardinadas en distintos puntos do nomeado vial e mellora as redes de abastecimento e saneamento.
mércores, 3 xuñ 2015
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este mércores a humanización da Avenida, entre Alfonso XIII e Serafín Avendaño, practicamente concluída na beirarrúa do lado terra, cun investimento de 2 millóns. A mellora continuará coa outra beirarrúa e incorpora elementos smart, como iluminación verde ou vermella nos pasos de peóns, sincronizada cos semaforos, e un punto de carga para móbiles.
luns, 1 xuñ 2015
O alcalde visitou esta mañá o entorno de Churruca onde se humanizaron as rúas Martín Códax, Iglesias Esponda, Irmandiños e o calexón Rogelio Abalde. En declaracións aos medios, eloxiou o resultado das obras e reiterou que se trata dunha rúa semipeonil con tráfico exclusivo para residentes e carga e descarga.
mércores, 27 mai 2015
O alcalde achegouse esta mañá á rúa Rosalía de Castro onde reiterou que esa humanización representa "o modelo de cidade que queremos". Durante a visita avanzou que nos próximos meses vaise iniciar a remodelación de todas as rúas adxacentes.
martes, 26 mai 2015
O alcalde de Vigo achegouse á Praza de Peniche na que se investiron 175.000 euros. Durante a visita, felicitou ao "maestro" Antón Pulido polo deseño que converteu o antigo cruce de Peniche "nunha das mellores zonas de arte urbano do mundo".
luns, 18 mai 2015
Abel Caballero invitou á cidadanía a achegarse a Castrelos tras informar da apertura esta tarde do "gran parque infantil", unha vez rematados os traballos de mellora. O alcalde informou tamén da planificación das obras en marcha, subliñando que esta semana finalizarán as humanizacións de Rosalía de Castro, Camelias ou Gregorio Espino, entre outras.
martes, 12 mai 2015
Abel Caballero informou este martes dos traballos de pavimentación que ten en marcha e programados o goberno da cidade para as próximas datas. Unha ducia de rúas están xa a ser asfaltadas ou comezarán en próximas datas: Lepanto, Médico José Mato, Puerto Rico e Padre Feijóo, Progreso, Manolo Martínez, Álvaro Cunqueiro, Cañiza, Buenos Aires, a Avenida de Madrid, Rosalía de Castro e Camelias. O alcalde indicou que a previsión é concluir as obras entre esta e a vindeira semana.