O Concello inicia na Avenida Castelao a construción do carril bici que unirá Samil con Teis
O Concello iniciou a construción do que vai ser o primeiro carril bici da cidade, que discorrerá desde Samil a Teis, en dez quilómetros. Esta mañá autorizouse a contratación da redacción do proxecto do primeiro tramo, a beirarrúa da marxe esquerda da Avenida de Castelao. <br />
Xerencia de Urbanismo deu luz verde á contratación da redacción dun proxecto de expropiación e construción dunha beirarrúa con carril bici na marxe esquerda da Avenida de Europa. Cun orzamento de 45.000 euros, o Concello inicia a primeira parte do carril bici que, cun orzamento de 2,6 millóns, se estenderá ao longo de dez quilómetros entre Samil e Teis, pasando por Camelias, Venezuela, Pizarro, Travesía de Vigo e a Avenida de Bos Aires. A este respecto, Caballero avanzou en rolda de prensa a posibilidade de construír máis carrís para bicicletas, se o que está en marcha funciona ben.