O Concello aproba catro reformas no rural por 307.000 euros

xoves, 23 abr 2015

A Xunta de Goberno Local, tal e como informou este xoves Abel Caballero, validou os proxectos de mellora das rúas Becerreira (Cabral), Estrada Portal (Valladares), Fonte Escura (Candeán) e Areeiro (Sampaio) por valor total superior aos 300.000 euros, segundo deu conta o alcalde.

Ao longo deste mes concluirán 20 melloras que o goberno de Vigo executa no centro e no rural

mércores, 22 abr 2015

O edil de Fomento informou das datas de finalización prevista para as reformas en marcha e de comezo dos traballos planificados. Segundo expuxo Regades, as obras de Ramón Nieto, Santa Marina, Pedreira, Manuel Costas Bastos, Subida á Madroa, Subida á Monteira, Seixo, Roteas de Abaixo e Subida (Sampaio), Gandarón, Camiño Fermín, Camiño Gándara, Camiño do Fondo, o acceso ao pavillón de Coruxo e a cuberta das escaleiras mecánicas quedarán abertas ao longo desta semana.

O goberno de Vigo ultima humanizacións por máis dun millón de euros

venres, 17 abr 2015

Despois da Xunta de Goberno Local celebrada este venres, o alcalde deu conta dos principais asuntos, entre os que subliñou a toma de coñecemento das actas de comprobación de replanteo de distintas obras, que xa están en marcha, por importe superior ao millón de euros e un emprego creado estimado en 140 traballadores.

O Concello reabrirá as escaleiras mecánicas xa cubertas o próximo xoves 23 de abril

xoves, 16 abr 2015

Segundo revelou este xoves o alcalde de Vigo, a Xunta de Goberno Local tomou coñecemento dos traballos que ultima o Concello para cubrir as escaleiras mecánicas da Porta do Sol. Abel Caballero datou a súa reapertura para o próximo 23 de abril, despois de suspenderse temporalmente o seu funcionamento durante as obras de instalación da cuberta, por motivos de seguridade.

O goberno local data para maio e xuño a finalización de tres obras no centro e no rural vigués

luns, 23 mar 2015

A Xunta de Goberno Local celebrada este luns, segundo informou a tenente de alcalde, Carmela Silva, deu luz verde aos programas de traballo e plans de control de calidade da cuberta das escaleiras mecánicas de II República, a mellora da rúa Saa-Beade e a humanización da Avenida Hispanidade, entre Zamora e Gran Vía, que concluirán entre maio e xuño. "Humanizamos o centro e tamén humanizamos o rural", salientou Silva.

O goberno de Vigo abre unha nova e artística Praza de Martínez Garrido

xoves, 19 mar 2015

O alcalde, acompañado por membros do seu goberno, inaugurou este xoves esta nova praza que, ademais da humanización do espazo, conta cun mural de 60 metros e unha escultura do artista Nelson Villalobos en homenaxe ao alcalde fusilado no 36 que da nome á Avenida. Caballero indicou que hoxe mesmo comezan os artistas o seu traballo para mellorar 13 medianeras da cidade.

O goberno de Vigo concluirá este mes unha decena de obras en marcha

mércores, 18 mar 2015

Segundo explicou este mércores Abel Caballero, o Concello de Vigo prevé concluir antes do 31 de marzo once obras que leva adiante en Cabral, Candeán, Lavadores, Castrelos, Sárdoma, Teis, Doctor Canoa, Praza Martínez Garrido, Mestre Chané, Praza do Rei e Churruca. Para os dez primeiros días de abril está previsto finalizar a cuberta das escaleiras mecánicas, as reformas da Avenida de Castrelos e Ramón Nieto e as melloras de accesibilidade nos colexios.

O Concello convertirá en semipeonil a rúa Don Bosco para "seguir a dinamizar o centro da cidade"

mércores, 11 mar 2015

Caballero informou hoxe mércores de que o treito da rúa Don Bosco que está a ser humanizada entre Eduardo Iglesias e Velázquez Moreno, pasará a ser semipeonil cunha velocidade máxima para vehículos de 20km/h. O obxectivo do Concello, dixo, é conxugar neste entorno ocio e comercio para "seguir a dinamizar o centro da cidade", coincidindo coa apertura do renovado Mercado do Progreso, estimada para mediados de abril.