O Concello investirá preto de 500.000 euros na humanización da rúa Colombia
"Queremos facela unha rúa digna dos seus cidadáns", anunciou o alcalde que explicou que se financiará con cargo ao Superávit de 2016. <br />
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves o proxecto básico e de execución da humanización da rúa Colombia Fase I, que vai con cargo ao superávit e que ten un importe de "case medio millón de euros".
Segundo expuxo Abel Caballero, nestes momentos, a vía atópase "nun estado lamentable, polo que é imprescindible facer a humanización para que sexa unha rúa digna dos seus cidadáns", adiantando que a obra incluirá as redes de abastecemento, saneamento, augas pluviais e fecais, a renovación das calzadas, a rede de rego, as zonas verdes, o mobiliario, as papeleiras e que incluirá a instalación de luces led. Sinalou tamén que está previsto continuar a humanización nunha segunda fase na que o goberno municipal investirá unha cantidade similar á da primeira.