luns, 8 ago 2011
A programación das Noites Temáticas que terán lugar do 9 ao 14 de agosto ás 22:30h na Praza da Constitución-, é un programa adicado a distintos xéneros musicais e escénicos. Cun total de seis concertos este ciclo adicarase á música de tango, folk, percusión, swing e fados.
venres, 5 ago 2011
A Semana Grande das Festas de Verán comezará o sábado 6 de agosto ás 12 horas na praza da Constitución cun espectáculo a cargo da Manuel Manquiña e Tony Lombra con Troula Animación. O auditorio de Castrelos reunirá nun concerto ás 22.30 a Ragdog, Miguel Costas, Eladio y los Seres Queridos e Iván Ferreiro. Ás 21 horas dará saída a maratón fotográfica desde a praza do Pobo Galego. Ás 20 horas na praza da Princesa a banda Lira de San Miguel de Oia iniciará o ciclo de concertos "Un mar de Bandas" e na Alameda de Bouzas, o paiaso Popin animará ao público infantil.
venres, 5 ago 2011
O espectáculo "Castrelos Circus 2", que terá lugar no auditorio de Castrelos o próximo luns 8 de agosto (22:30 horas), ofrecerá ao público vigués o espectáculo "IN SEPIA". A concelleira de Cultura e Festas, Isaura Abelairas, indicou na presentación que será un show de calidade baseado no espledor do circo, na época dorada da que quedan imaxes fotográficas, algúns frescos e recordos.
Á venda en www.servinova.com e na Central de Espectáculos as entradas para o concerto do sábado 6 con Ragdog, Iván Ferreiro, Eladio y los Seres Queridos e Miguel Costas
xoves, 4 ago 2011
O venres 5 de agosto o Festival Son de Vigo acolle unha noite de arrecendos pop e rock cun denominador común nas dúas propostas: trátase dunha mostra excepcional da canción de autor no século vinteún. Amaro Ferreiro e Abraham Boba protagonizan dous concertos na Praza da Constitución nos que poñerán de manifesto a súa habilidade para retratar situacións cotiás e convertelas en fermosas cancións apegadizas.Como nos concertos precedentes de Son de Vigo, Tony Lomba volverá a exercer de mestre de cerimonias.
Á venda en www.servinova.com e na Central de Espectáculos as entradas para o concerto do sábado 6 con Ragdog, Miguel Costas, Eladio y los Seres Queridos e Iván Ferreiro
mércores, 3 ago 2011
Despois de encher a Praza da Constitución co hip hop de El Puto Coke e Wöyza na xornada inaugural do Festival Son de Vigo, promovido pola concellería de Cultura e Festas e Alcaldía, a segunda noite, o xoves 4 de agosto, con O Leo i Arremecaghona e o grupo Alféizar preséntase, sen dúbida, como a máis inclasificable. A proposta ten un obxectivo claro: que a xente goce e se divirta con dous concertos completamente desinhibidos e sen complexos. Todo acontecerá a partir das 22.30h do xoves 4 de agosto na praza da Constitución nunha noite conducida por Tony Lomba.<br />
xoves, 14 xul 2011
A concelleira de Festas, Isaura Abelairas, presentou hoxe xoves a actuación de Jaunes, nun concerto que comenzará as 23,00 horas o próximo sábado, 16 de xullo. O cantante colombiano abre nesta cidade a súa xira española na que ofrecerá oito concertos máis. Juanes, considerado o artista latino máis internacional, ten vendido 12 millóns de copias de discos en todo o mundo e chega a Vigo "cunha montaxe espectacular".
mércores, 23 feb 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesus López, presentaron este mércores o programa do Entroido 2011, que comezará o venres 4 de marzo na Praza da Constitución coa lectura do pregón a cargo do actor Avelino González, ás 20.30 horas, e o concurso de coplas ás 21.30 horas. O nacionalista afirmou que do 4 ao 9 de marzo "Vigo vivirá o Entroido dun xeito moi especial, mantendo o deseño dos últimos anos e incorporando novidades".
mércores, 5 xan 2011
Os Reis Magos de Oriente están a ter hoxe unha apertada axenda en Vigo. Xa desde primeira hora da mañá Melchor Gaspar e Baltasar deixaron os seus primeiros agasallos aos nenos e nenas que pasan estes días nos hospitais. Despois compartiron con eles unha chocolatada no Concello na festa infantil, antes de ir a recuperar forzar para a Cabalgata de tarde e a intensa noite de reparto de agasallos.
mércores, 29 dec 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, visitou este mércores ao Carteiro virtual dos Reis Magos, que durante estes días recolle as peticións dos nenos e nenas de Vigo no Auditorio Municipal. O nacionalista aproveitou para solicitarlle que a maxia dos Reis Magos faga que no 2011 mellore a situación económica para superar o "fondo bache do paro" no que están moitas familias.
martes, 28 dec 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Cultura, Xesus López, mantiveron este martes unha xuntanza coas directivas de El Olivo e a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais para concretar os últimos detalles relacionados coa Cabalgata de Reis, que este ano recupera o percorrido polo centro. O nacionalista destacou que é un dos eventos máis relevantes que se celebran nestas datas e por iso é preciso solucionar as últimas incidencias "para que todo estea preparado".