martes, 7 xuñ 2022
O alcalde deu conta da Xunta de Goberno Local Extraordinaria, celebrada este luns, no que quedaron desertos os lotes 1 e 3 do programa “Vigo en Festas”, que inclúen a produción de actividades e eventos de pequeno formato e a produción técnica de Castrelos.
martes, 7 xuñ 2022
O espectáculo terá lugar o catorce de xullo no campo de fútbol das Travesas, detrás do pavillón, e xa vendeu máis de 4.000 pases, segundo os datos ofrecidos este martes polo alcalde. Ademais, Caballero anunciou que sairán á venda outros 2.500 boletos para quen prefira seguir o concerto sentado.
luns, 6 xuñ 2022
O festival celebra a súa II edición os días 10, 11 e 18, 19 de xuño no que haberá eventos musicais e actividades nas nos locais das rúas do barrio.
xoves, 2 xuñ 2022
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a licitación do contrato de prestación do servizo de animación, actividades e espectáculos de pequeno formato do programa “Vigo en festas” cun importe de 120.000 euros en dúas anualidades.
mércores, 1 xuñ 2022
As persoas, entidades e comunidades que desexen organizar cacharelas os días 23 e 24 de xuño teñen ata o vindeiro 10 de xuño para presentar a solicitude no rexistro municipal. O alcalde lembra que non se poderán facer nas praias.
xoves, 19 mai 2022
O alcalde confirmou esta mañá que Bryan Adams será outro dos grandes artistas que actuará en Vigo este verán. A cita será o xoves 14 de xullo no campo de fútbol das Travesas e as entradas xa están á venda.
venres, 13 mai 2022
O alcalde anunciou este venres a nova proposta musical para as festas de verán da cidade, que suman once concertos e catro espectáculos infantís que poderán gozarse no Auditorio municipal de Castrelos en xullo e agosto.
martes, 10 mai 2022
No exterior do Centro Comercial Travesía, Abel Caballero participou este martes na presentación desta cita, que terá lugar o 15 de maio. Tras dous anos de suspensión pola pandemia, de novo Samil recibirá a cor, a música e os disfraces da Holi Life, nunha edición na que a organización agarda congregar ata cinco mil persoas.
martes, 10 mai 2022
Cada martes, desde o 19 de xullo e ata o 9 de agosto, o público infantil e adulto poderá gozar de “Coco Tributo Musical”, “O Rei da Sabana”, “Magic Dreams” e “I love Rock&Roll. Os espectáculos comezan ás 20 horas do serán e son de balde.
martes, 10 mai 2022
Abel Caballero presentou as novidades do festival xunto á presidenta da Deputación, Carmela Silva, e os organizadores de O Marisquiño. O domingo 14 de agosto Vigo gozará dunha nova edición do Descenso Urbano, unha das probas máis destacadas do festival.