Mañá sairán á venda 2.500 reservas para desfrutar de Raphael o 16 de agosto en Castrelos
As reservas para este concerto sairán á venda mañá, martes 2 de agosto. Durante o día de hoxe están dispoñibles as reservas de Hombres G, que actuarán en Castrelos o domingo 14 de agosto.
O alcalde avanzou en rolda de prensa que mañá estará á venda a reserva de espazo no anfiteatro de Castrelos para gozar do concerto que ofrecerá Raphael o domingo 10 de xullo ás 22:00 horas.
Como ven sendo habitual, simultanearase a venda online e presencial dun total de 2.500 entradas ás que lles corresponderá unha cadeira no anfiteatro para seguir a actuación. Para facilitar o acceso de toda a cidadanía, independentemente do seu horario de traballo, as entradas sairán en dúas quendas, combinando o formato online (serán 750 as 10:00 horas e outras tantas as 17:00 horas) e á venda presencial (500 as 10:00 horas e outras tantas as 17:00 horas) na Praza do Rei.
As reservas de Hombres G están a venda durante o día de hoxe
As 10:00 da mañá saíron as primeiras reservas para a actuación de Hombres G, que terá lugar o domingo 14 de agosto as 22:00 horas. Na primeira quenda esgotáronse, tanto nas billeteiras do Auditorio Municipal como online, onde como sinalou Abel Caballero “conectáronse 15.000 persoas a web”.
Éxito dos concertos de Castrelos
Durante o fin de semana tiveron lugar os concertos de Love of Lesbian e Tanxugueiras, este último “superou os 40.000 asistentes” como relatou o rexedor. Abel Caballero puxo en valor as actuacións de Castrelos, sinalando que “estamos tendo un verán de concertos colosal, con miles de persoas achegándose a Vigo e sendo un factor de atracción turística”.
Tamén aproveitou o alcalde para recordar os concertos que se celebrarán esta semana, con Leiva sobre o escenario de Castrelos o xoves 4 as 22:00 horas e con Sting o sábado 6 de agosto as 21:30 horas.