Abel Caballero: “Os accesos á estación de autobuses están completamente acabados”
O alcalde visitou os accesos á estación de autobuses “xa rematados o 1 de agosto, como foi o noso compromiso”.
Abel Caballero visitou esta mañá os accesos á estación de autobuses, “xa rematados na data que dixéramos, o 1 de agosto”. O alcalde estivo acompañado polos tenentes de alcalde, Javier Pardo, Elena Espinosa e María José Caride na súa visita: “Podería estar en funcionamento pero a Xunta aínda non fixo o traslado. Os accesos á estación están preparados para ser utilizados”, manifestou o rexedor.
Caballero ofreceu “toda a cooperación” ao área de transportes da consellería responsable de transportes: “A Xunta ten que enviar a comunicación solicitándonos 3 alternativas de entrada á estación, tal e como sinalan as leis autonómicas. Temos máis dun mes para analizar a proposta e logo teñen que contesta co traxecto definitivo. Esto debe ser un proceso dialogado”, explicou en rolda de prensa posterior á visita. Ademais desta cuestión, O rexedor tamén sinalou que o goberno autonómico ten que solicitar os permisos de acceso ao ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.