mércores, 3 agosto 2022

Abel Caballero recibe á alcaldesa de Toledo na súa visita a Vigo

mércores, 3 ago 2022

O alcalde recibiu na Alcaldía a Milagros Tolón, alcaldesa de Toledo e vicepresidenta da Federación Española de Municipios y Provincias. A primeira edil da capital de Castela-A Mancha elixiu Vigo para pasar uns días de vacacións coa sua familia. Para Caballero "é unha gran amiga" e acompañouna para coñecer os distintos puntos de interese da cidade, como O Castro, o proxecto Vigo Vertical, e a zona céntrica. Ambos os mandatarios tamén charlaron de política municipal, como mellorar as cidades, proxectos europeos e o que pódese facer neste ámbito.