Escoitar

O alcalde anunciou que mañá sairán as últimas reservas pendentes para Leiva, Lola índigo e Hijos de la Ruina

Abel Caballero avanzou esta mañá que o Concello volverá a por a disposición da cidadanía as últimas reservas que quedaron pendentes para os concertos de Leiva, Lola índigo e Hijos de la Ruina. Sairán este xoves as 10:00 horas por vía online.

mércores, 3 ago 2022

Esta mañá, Abel Caballero anunciou que aínda existen posibilidades de asistir a platea do auditorio de Castrelos para o concerto que celebrará Leiva mañá, 4 de agosto as 22:00 horas. Tamén existirá a posibilidade de adquirir reservas para as actuacións de Lola Índigo (8 de agosto) e Hijos de la Ruina e Wöyza (11 de agosto). Estas reservas poranse a venda de xeito online maña as 10:00 horas.

O rexedor tamén informou que as entradas para o concerto de Raphael “esgotáronse todas as reservas”. Ademais esta mañá tamén se adxudicaron todas as reservas da primeira quenda para o concerto de Dani Martín do 17 de agosto, saíndo outras 2500 (1500 online e 1000 na Praza do Rei) as 17:00 horas.

Magic Dreams

O Auditorio de Castrelos acolleu onte pola tarde a terceira das grandes citas musicais infantís, Magic Dreams, que congregou a miles de familias. Realizaron un tributo ás cancións infantís que combinou a maxia do conto e a espectacularidade do musical con Mickey Mouse vivindo aventuras de varios contos da factoría Disney con cancións en directo, acrobacias e coreografías de vertixe. O 9 de agosto  chegará "I love Rock & Roll" ás 20:00 horas.

Descargar todas as imaxes