Escoitar

Caballero cualifica o concerto de Yatra como “un dos mellores da historia de Castrelos”

En rolda de prensa anunciou que Luar na Lubre actuará no escenario exterior de Castrelos como peche do Festival Internacional de Folk.

xoves, 14 xul 2022

Abel Caballero amosou a súa satisfacción coa actuación do artista Sebastian Yatra a noite do 13 de xullo en Castrelos. O alcalde cifrou en máis de 60.000 persoas os asistentes, asegurando que estivo moi preto das cifras de Maná. “Foi extraordinario”, dixo louvando ao artista.

O rexedor anunciou en rolda de prensa que Luar na Lubre estará en Vigo o 25 de xullo no peche do Festival Internacional de Folk. Actuarán ás 22 horas no escenario exterior de Castrelos: “É un grupo que gústame. Un grupo histórico dos máis importantes da música tradicional galega e folk. E será de balde”.

 

Descargar todas as imaxes