Escoitar

Vigo goza esta fin de semana do concerto da Coral Casablanca e das Festas de Bouzas

Hoxe prenderanse as luces na Alameda Suárez Llanos e terá lugar a actuación da Coral Casablanca no auditorio de Castrelos. O domingo retornará o espectáculo piromusical, logo de dous anos sen poder celebrarse por mor da pandemia.

venres, 15 xul 2022
Arquivo: o alcalde no primeiro concerto de Castrelos 2022: Serrat
Arquivo: o alcalde no primeiro concerto de Castrelos 2022: Serrat

O terceiro concerto do verán no auditorio de Castrelos terá lugar esta noite, será o concerto da Coral Casablanca e a súa orquestra sinfónica. Comezará as 22:30 horas e o acceso é totalmente gratuíto ata completar aforo.

Por outra banda, esta fin de semana celébranse as Festas de Bouzas. Arrancarán hoxe co pregón do actor Sergio Pazos as 21:00 horas e o posterior prendido das luces, no que estará o alcalde, segundo anunciou en rolda de prensa. O prato forte chegará o domingo as 23:00 horas co festival piromusical.

Sobre esta celebración Abel Caballero sinalou que “se fai unha asignación moi importante”, cunha cifra que alcanza os “50.000 euros, tres veces máis do que se adicaba” debido as “dificultades de facer unha festa nestes intres”.

Descargar todas as imaxes