Escoitar

Aberto o prazo de inscrición das viaxes pola ría para persoas maiores e con discapacidade

O alcalde informou este venres da disposición de 2.000 prazas para que as persoas maiores participen nesta actividade. Caballero clausurou o campamento polideportivo de Samil no que participaron 100 nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.

venres, 15 xul 2022
O alcalde na clausura do campus polideportivo de Samil
O alcalde na clausura do campus polideportivo de Samil

O 8 de agosto comezan as actividades para maiores na ría de Vigo. Hoxe abre o prazo para a inscrición, que rematará o 29 de xullo. Así anunciouno o alcalde en rolda de prensa, que segundo explicou as reservas poden facerse no 010.

Esta actividade é complementaria ás actividades que xa veñen desenvolvendo as asociacións de veciños nos seus locais e en diferentes ámbitos da cidade. Haberá 2.000 prazas desde finais de xullo, agosto e setembro para as persoas maiores e tamén para persoas con discapacidade. “Calquera particular interesado pode dirixirse a súa asociación de veciños para apuntarse”, aclarou o rexedor.

Campus de Samil

Abel Caballero puxo punto e final ás actividades desenvolvidas ao longo desta semana no campamento municipal polideportivo de Samil, que agasallou ao centenar de nenas e nenos participantes cunha medalla para lembrar o seu paso pola actividade. O rexedor celebrou o éxito desta nova edición, agradecendo o traballo do persoal municipal. Polos campus municipais polideportivos pasaron 300 nenos e nenas de entre 6 e 14 anos ao longo das tres semanas de actividade: esta última en Samil e as dúas anteriores nas Travesas.

O rexedor tamén saudou este venres pola mañá aos participantes do campamento de verán que organiza Alertanavia dentro do programa municipal EDUCA.

Descargar todas as imaxes