O Concello estuda os requisitos para que Vigo poida ser sede do Mundial de Fútbol 2030
Onte mantívose unha xuntanza en Madrid para coñecer información precisa dos requisitos para ser unha das sedes do Mundial 2030 en España e Portugal. Caballero asegura que “está falando co arquitecto da reforma de Balaídos para estudar as posibilidades de ampliación de aforo e ámbitos técnicos”.
O alcalde afirmou que Vigo vai optar a ser ser sede do Mundial de Fútbol 2030: “Vigo está na carreira e por iso fomos á xuntanza a Madrid”. Onte un técnico municipal desprazouse ata Madrid para manter unha xuntanza con representantes da Federación Española de Fútbol e do Consello Superior de Deportes.
“Estamos a falar co arquitecto da reforma de Balaídos para estudar as posibilidades de ampliación de aforo e ámbitos técnicos”, manifestou Caballero en tolda de prensa. Reivindicou estar no proceso e “non descarta nada polo de agora”: “Hai que ver os proxectos, os custes e o conxunto de actuacións para poder optar”, concluíu na súa intervención.