Escoitar

O alcalde anuncia que as reservas para Love of Lesbian sairán o mércores 20 de xullo

Abel Caballero informou esta mañá da posta a disposición da reserva para gozar do concerto da banda barcelonesa de indie que terá lugar no auditorio de Castrelos, o próximo 29 de xullo.

luns, 18 xul 2022
Concerto da Coral Casablanca en Castrelos nas festas de verán 2022
Concerto da Coral Casablanca en Castrelos nas festas de verán 2022

O próximo mércores estarán dispoñibles as entradas para o cuarto concerto no auditorio de Castrelos, será o de Love of Lesbian que actuarán o 29 de xullo as 22:00 horas. O rexedor sinalou que se continúa “co mesmo mecanismo” de adquisición que nos concertos de Serrat e Sebastián Yatra.

Expediranse 5000 entradas en dúas modalidades de compra simultánea: ás 10:00 horas da maña sairán 500 entradas na billeteira do auditorio do concello e 2000 para compra online, as mesmas cantidades poranse a venda pola tarde, ás 17:00 horas, para facilitar o acceso de toda a cidadanía. Na páxina web municipal quedará habilitado un banner de Vigo en festas-Entradas Castrelos que, a súa vez, redirixirá a unha páxina de reservas na que se poderán adquirir un máximo de dúas entradas por persoa.

Eventos culturais da semana

Por outra banda, o rexedor recordou os grandes eventos culturais que terá a cidade o longo desta semana. O primeiro será o concerto de Bryan Adams, que tras o aprazamento, terá lugar o maña as 22:00 horas no campo de fútbol de As Travesas.

Tamén terá lugar maña o primeiro dos espectáculos infantís do auditorio de Castrelos, comezando as 20:00 horas o espectáculo “Coco Tributo Musical”. Ademais o mércores 20 de xullo arrinca o Festival Internacional de Vigo 2022, que contará con múltiples actividades polas parroquias e barrios da cidade e porá o broche de ouro o día 25 de xullo, as 22:00 horas, ca actuación de Luar na Lubre no auditorio externo do parque de Castrelos.

Descargar todas as imaxes