Caballero visita as obras da peonalización de Porta do Sol: “Continúan en tempo e forma”
O alcalde achegouse ata as obras de Porta do Sol para coñecer de primeira man o avance das obras, que seguen “en tempo e forma” tras os resultados dos restos arqueolóxicos da Casa da Mora de Policarpo Sanz.
Abel Caballero visitou esta mañá as obras de Porta do Sol que “continúan en tempo e forma”, segundo dixo o rexedor en rolda de prensa. Os resultados da exploración arqueolóxica dos restos da Casa da Mora descuberta en Policarpo Sanz conclúen que a obra pode seguir e protexerase a súa cubrición co textil para a súa conservación.
O alcalde tamén avanzou que haberá unha reordenación da praza unha vez estea rematada: “Haberá mesas limitadas para as terrazas que decidirá o Concello. Traballaremos en colaboración co sector”, aclarou.
“Moita xente amosa a súa satisfacción porque Vigo terá por fin una gran praza”, concluíu a súa intervención.