Escoitar

Mañá saen á venda as reservas para o concerto de Hijos de la Ruina e Wöyza

O alcalde confirmou que se realizará en dúas quendas e coas dúas modalidades habituais. O concerto terá lugar no auditorio de Castrelos o 11 de agosto as 21:30 horas.

mércores, 27 xul 2022

O prezo das reservas para a dobre actuación de Hijos de la Ruina e a viguesa Wöyza será de 10€. Estas reservas para a platea de Castrelos sairán á venda o xoves 27 de xullo, tal e como avanzou o rexedor.

Serán 5.000 as localidades que se poderán adquirir para seguir un espectáculo programado ás 21:30 horas do xoves 11 de agosto. Para facilitar o acceso de toda a cidadanía -independentemente do seu horario de traballo– as entradas sairán en dúas quendas: 2.000 ás 10,00 h e outras tantas ás 17,00 h. Pensando nas persoas que non teñan acceso ás novas tecnoloxías, poranse outras 1.000 entradas á venda no Auditorio Municipal (500 ás 10,00h e outras 500, ás 17,00h).

Éxito del espectáculo infantil “O rei da Sabana”

A súa vez, Abel Caballero congratulouse polo éxito dos musicais infantís que se celebran en Castrelos. Onte pola tarde tivo lugar a representación “O rei da Sabana” que como expresou o alcalde, “foi un evento excepcional. Asistiron máis de 15.000 persoas, principalmente nenos e nenas.

 

Descargar todas as imaxes