Escoitar

O goberno local solicita á Xunta 500.000 euros para o mantemento das 11 praias con bandeira azul

Tamén o Grupo Socialista aprobou a súa proposta de instar á Xunta a crear unha partida de 2 millóns de euros nos próximos orzamentos e transferilos ao Concello para asumir o custe das becas de comedor, libros e servizos complementarios.

mércores, 27 xul 2022

A Corporación Municipal aprobou instar á Xunta a incluír non seus orzamentos do ano 2023 e comprometerse a transferir a contía de 500.000 euros para potenciar o plan de investimentos que implique ao mantemento das 11 bandeiras azuis que actualmente posúe a cidade de Vigo.

Tamén desde o grupo municipal acordouse solicitarlle tamén ao goberno autonómico a transferir 200.000 euros para levar a cabo novos investimentos para incrementar o número de bandeiras azuis, ademais de facilitar aos concellos persoal de socorrismo.

A edil de medio ambiente, Nuria Rodríguez, insistiu na necesidade de “preservar e coidar as nosas praias” e falou dos investimentos desde as arcas municipais: “Protección do medio ambiente, servizos, instalacións, limpeza, conservación do medio, zonas de baño, vixilancia e protección”, explicou, e solicitou no pleno “a participación da Xunta para levalo a cabo”. O Grupo Popular e o edil non adscrito votaron en contra; o Mixto abstívose.

Becas de libros y comedor

O concelleiro de Educación, Gorka Gómez, presentou unha moción co obxectivo de instar á Xunta a crear unha partida de 2 millóns nos próximos orzamentos para a súa transferencia ao Concello para asumir o custe das becas de comedor, libros e servizos complementarios que están a ser financiados pola administración local. Marea de Vigo sumouse á petición dos socialistas, o edil non adscrito abstívose e desde o PP votaron en contra.

Gómez explicou que as competencias en materia educativas e da xestión dos servizos complementarios son da administración autonómica: “En Vigo adicamos máis de 2 millóns a becas de comedor e libros. Máis de 3.000 nenos e nanas da nosa cidade son bolseiros nos comedores escolares e máis de 1.200 reciben achegas municipais para libros e material escolar”. Desde o PSdeG consideran “ilóxico” que o goberno local teña que asumir as competencias da administración autonómica.

Descargar todas as imaxes