O alcalde pídelle á Xunta que transfira a Vigo os fondos europeos “que lle corresponden”
Nunha moción presentada polo Grupo Municipal Socialista solicítalle á Xunta que adique á cidade a parte proporcional que lle corresponde en función da súa poboación dos fondos recibidos do Goberno de España.
O Pleno aprobou cos votos favorable dos socialistas e o voto en contra do PP e o non adscrito e a abstención do Grupo Mixto instar á xunta a transferir ao Concello a parte proporcional que lle corresponda en función da súa poboación dos fondos recibidos do Estado para inversión, política social, emprego, entre outras.
Caballero lamentou en declaracións posteriores a posición dos edís da oposición: “O BNG, Marea de Vigo e o Partido Popular din que non a que Vigo reciba recursos como unha cidade de 300.000 habitantes. Nós temos que recibir fondos de forma razoada acorde á poboación. A min non se me ocorre dicir que Vigo reciba máis fondos que Madrid. Imos seguir defendendo á cidade e aos 300.000 vigueses e viguesas”, afirmou.
O Goberno de España transferiu ás comunidades autónomas 11.151 millóns de euros en 2022 adicados ás políticas públicas. Ademais, autorizou a inversión por valor de 33.883 millóns e se recoñeceron obrigacións por valor de 23.153 millóns. Defendeu no pleno o socialista Aneiros que “os fondos transferidos á Xunta de Galicia non son perceptibles pola cidadanía e por iso non cumpren co propósito para o que se estableceron: incentivar a economía.
No Pleno os socialistas tamén lembraron que o compromiso da Xunta de Goberno da FEMP é que as administracións aporten o 10% dos fondos recibidos e lamentan que Vigo non recibiu cantidade algunha por parte do goberno autonómico.