Vigo dispara ata os 285 millóns de euros o seu orzamento para 2022

venres, 22 out 2021

O Concello aprobará a próxima semana unhas contas récord para o próximo ano e este venres o alcalde adiantou algunhas das principais cifras. O total se eleva un 8,14% con respecto ao presente ano, mantendo a débeda cero, conxelando impostos e taxas, con 17 millóns en bonificacións fiscais e cunha presión fiscal por debaixo da media estatal e inferior ás urbes galegas.

Caballero subliña o compromiso municipal coa nova Axenda Urbana

mércores, 6 out 2021

O presidente da FEMP participará mañá en Sevilla na constitución do Foro Local da Axenda Urbana. En rolda de prensa, anunciou o compromiso dos gobernos locais coa UA, o marco estratéxico e a guía para promover un novo modelo de cidade sostible, segura, inclusiva e resistente.