Escoitar

O alcalde eloxia o labor dos inspectores de Facenda como “vertebradores do Estado”

Vigo acolle desde este xoves o XXXI Congreso Anual de Inspectores de Facenda que se inaugurou no Auditorio Mar de Vigo coa presenza da Secretaria de Estado de Facenda, Inés Bardón.

xoves, 25 nov 2021
Abel Caballero durante a súa intervención no acto de inauguración do Congreso
Abel Caballero durante a súa intervención no acto de inauguración do Congreso

Abel Caballero deu a benvida á cidade aos participantes e puxo en valor o traballo que desempeñan os inspectores de Facenda como “vertebradores do Estado” no mesmo camiño que as entidades locais, que asumen competencias que non lles corresponden “por deixamento” de funcións das comunidades autónomas.

Nese sentido o rexedor manifestou a necesidade de que os concellos teñan unha relación directa coa Administración do Estado, especialmente nun momento tan importante como o actual, logo da pandemia e ante a xestión dos fondos europeos de recuperación.

Abel Caballero durante a súa intervención no acto de inauguración do Congreso
Descargar todas as imaxes