Escoitar

A mocidade viguesa contra a violencia sexual no Enlaza Vigo 2021

O alcalde sumouse esta mañá á reivindicación do alumnado de 41 centros de Secundaria da cidade que veñen participando nas actividades municipais con motivo do 25N, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

xoves, 25 nov 2021
O rexedor e a concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, no desenvolvemento do acto
O rexedor e a concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, no desenvolvemento do acto

O Auditorio Municipal acolleu o acto institucional deo Enlaza Vigo no que participaron 13 centros de educativos, de forma presencial e virtual, compartindo os seus lemas contra a violencia sexual, que é o tema central que abordaron nas accións deste ano. A Praza do Rei acolleu carpas informativas e dúas exposicións itinerantes, unha delas no escenario do Auditorio.

Abel Caballero apuntou que desde o Concello “tratamos de mobilizar aos centros contra as violencias machistas, traballamos en 41 para identificar a violencia sexual, os factores que facilitan a normalización da violencia, abordar a intolerancia contra a violencia machista, identificar o que é a violencia sexual na rúa, no ocio, nas redes sociais e nas relacións afectivas”.

Amais, o Goberno municipal creo un punto lila de información e sensibilización sobre a violencia contra as mulleres e o alumnado gravou un vídeo colaborativo sobre “A mocidade viguesa contra a violencia sexual”.

 

O rexedor e a concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, no desenvolvemento do acto
Descargar todas as imaxes