O Consello Territorial da FEMP destaca que a participación das administracións locais nos fondos europeos alcanza o 34%

martes, 28 xuñ 2022

A FEMP pide que 3.500 dos 8.000 millóns recentemente asignados ao noso país sexan xestionados polas administracións locais. O presidente da FEMP, Abel Caballero, subliñou o bo facer das Entidades Locais á hora de xestionar estes recursos A Xunta de Goberno e o Consello Territorial mantiveron hoxe as súas reunións no Senado, visualizando así que forman parte da estrutura territorial do Estado

O alcalde destaca a importancia da investigación científica para a economía

xoves, 28 abr 2022

Abel Caballero participou este xoves na apertura da xornada Esfera CSIC Norte, que o Consello Superior de Investigacións Científicas celebra en Vigo, na sede da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, co fin de abordar os retos para unha explotación sostible da pesca. Na súa intervención, puxo en valor a ciencia como ferramenta para o desenvolvemento económico e defendeu que o Instituto Oceanográfico de Vigo debe ser o que “coordine e lidere os de toda España. Vigo ten que ser o centro de toda España”, recalcou.