O alcalde destaca a calidade dos equipos de fútbol vigueses

martes, 5 xan 2016

Abel Caballero entregou este martes os premios do Trofeo de Nadal Concello de Vigo que se disputou en Navia e no que participaron 1.800 nenos e nenas de 151 equipos aos que animou a seguir practicando deporte para manter o alto rendemento e calidade que caracteriza ao fútbol vigués.

Caballero salientou o "dinamismo" do deporte vigués na entrega dos premios VIDE 2015 ao fútbol local

martes, 29 dec 2015

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, entregou hoxe martes os premios VIDE 2015, que recoñecen a traxectoria do fútbol vigués. Caballero aplaudiu o traballo das entidades deportivas da cidade e recoñeceu que o fútbol "é unha das principais modalidades elixidas pola mocidade no programa municipal de escolas deportivas".

O Concello amplía o convenio para remodelar sete campos de fútbol base da cidade

martes, 29 dec 2015

Así o aprobou este martes a Xunta de Goberno Local, un acordo entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra que conlevará a reforma dos recintos das Relfas (Sárdoma-Moledo), A Guía, Meixoeiro, A Bouza, Santa Mariña, San Andrés de Comesaña e de Monte da Mina. O alcalde de Vigo amosou a súa "satisfacción" por un acordo que conleva un investimento entre ambas institucións de case 600.000 euros.