O Concello destina 417.000 euros ao deporte de elite vigués

xoves, 17 mar 2016

Abel Caballero asinou este xoves pola mañá os convenios de colaboración con sete entidades deportivas viguesas de elite coas que o goberno local coopera para a realización das súas actividades da temporada 2015-2016. As axudas ascenden a 471.000 euros que se suman ao case 1.400.000 euros destinados ao deporte base da cidade.

Caballero "invita á cidade" a gozar do I Supercross+Freestyle que se organiza o 9 e o 10 de abril no Ifevi

martes, 15 mar 2016

Máis de cen pilotos nacionais e internacionais estarán en Vigo para o I Supercross + Freestyle, que se celebrará no IFEVI na última fin de semana do XXV Salón do Automóbil e Motocicleta de Vigo, os días 9 e 10 de abril. Logo de felicitar aos organizadores, Caballero animou a toda a cidade a gozar dun espectáculo que "desafía as leis da gravidade e fai posible o imposible".

O Concello ratifica a cesión gratuíta das instalacións municipais ás entidades deportivas

venres, 4 mar 2016

Abel Caballero recibiu este venres a representantes da Agrupación Polideportiva de Coruxo, da Asociación de fútbol sala Aspovigo, da Federación Galega de Tenis, da Federación galega de squash, de Vigo en xogo e da Asociación Veciñal Monte da Mina cos que ratificou o programa de utilización das instalacións municipais sen custo para estas entidades, no que supón "unha nova axuda á acción deportiva", en palabras do rexedor.