A alcaldesa coloca a primeira pedra da futura piscina de Valadares

martes, 4 xul 2006

A alcaldesa, Corina Porro, colocou hoxe martes a primeira pedra da futura piscina de Valadares, instalación que se enmarca no Plan de Piscinas deseñado pola Concellaría de Deportes. Ao inicio das obras de construción desta piscina seguiranlle nas próximas datas o das outras dúas previstas no Plan, na Miñoca e en Barreiro.

Á busca dunha formación máis alá do baloncesto

venres, 30 xuñ 2006

O Campus de Basket do Círculo Mercantil celebra do 29 de xullo ao 6 de agosto a súa quinta edición. Ata un máximo de 60 participantes de sete a 17 anos poderán mellorar durante eses días a súa técnica individual e o seu xogo en equipo coa axuda de prestixiosos adestradores, xogadores e preparadores físicos.

A alcaldesa recibe ao regatista Mitch Booth

mércores, 28 xuñ 2006

O regatista australiano Mitch Booth foi recibido na sala da alcaldía da cidade de Vigo polo seu titular, Corina Porro. Por espazo de media hora, a alcaldesa compartiu uns entretidos minutos falando co varias veces Campión do Mundo e Olímpico, sobre a regata Rías Baixas, da que é principal patrocinador a concellería de de Turismo.

Xardíns do mar, actividades lúdicas na praia do Vao

mércores, 21 xuñ 2006

A Escola de Vela da praia do Vao programa para os sábados dos meses de xullo e agosto a actividade lúdica "xardíns do mar" que consiste na recollida de cunchas, paseos en piragua e en catamarán e xogos náuticos de coñecemento do medio.