Vigo entrega no rexistro do Consejo Superior de Deportes o dossier da candidatura á Universiada 2013
Sen faltar á cita que marca o calendario do Consejo Superior de Deportes, a cidade de Vigo entregou na mañá deste luns en Madrid o Dossier de Candidatura, un documento que contempla as esixencias regulamentarias marcadas pola Federación Internacional de Deporte Universitaria (FISU) para optar á candidatura oficial da Universiada de Verán en 2013.
Seguindo a mesma imaxe e presentación do Cuestionario obrigatorio, entregado o pasado mes de decembro como paso previo ao proceso de selección, o Dossier de Candidatura é un documento moito máis amplo e concreto e que se divide en 18 capítulos, nos que se fai referencia ás infraestruturas deportivas, de comunicación e hoteleiras; ao organigrama; aos aspectos legais e financeiros vinculados á Universiada; ou á programación cultural prevista, entre outros aspectos.
A primeira hora da mañá deste luns entregáronse en Madrid un orixinal e 25 copias do documento dirixidas aos membros do Comité Español de Deporte Universitario (CEDU). Todos os exemplares son libros encadernados que ademais inclúen información gráfica en soporte dixital, referida aos distintos apoios institucionais, empresariais, deportivos e sociais a través de cartas; documentación de infraestruturas deportivas, e o dossier de prensa completo dende os inicios da candidatura viguesa. O documento orixinal foi presentado no interior dun bloque de metacrilato de cor azul, simulando o océano que baña Vigo, e ensamblado con pezas en aceiro inoxidable mariño como as que tradicionalmente se empregan nos barcos.
A Comisión Técnica do CEDU será a encargada de decidir mediante votación, o vindeiro día 11 de marzo, entre as cidades de Vigo ou Murcia para representar oficialmente a España na loita internacional pola candidatura á Universiada de Verán en 2013. Unha semana antes, o 4 de marzo, o equipo de traballo do proxecto vigués defenderá en Madrid a súa proposta ante a Comisión que contará con representantes das Universidades Juan Carlos I de Madrid, de Cantabria, de Alicante, de Santiago de Compostela, de Valladolid, de Málaga e de Barcelona; así como o director xeral de Deportes de Andalucía, o director xeral de Promoción Deportiva de Madrid, o director xeral de Deportes do CSD, o subdirector xeral de Promoción Deportiva e Deporte Paralímpico do Consejo Superior de Deportes, os presidentes de Federacións Españolas do programa deportivo dos Xogos de atletismo, baloncesto, esgrima, fútbol, ximnasia, deportes acuáticos, tenis, voleibol, judo, tenis de Mesa, ciclismo, remo e vela.
O equipo de traballo terá unha hora para poder expor a súa candidatura ante a Comisión, e posteriormente os membros da mesma poderán facer preguntas por espazo de 15 minutos. A orde de exposición realizarase mediante sorteo (a primeira será ás 10.30 horas e a segunda ás 12 horas) e á presentación poderán asistir ata un máximo de 10 persoas por candidatura.
De ser Vigo a cidade elixida, catro días máis tarde deberá presentar en Bruxelas, ante a sede da Federación Internacional de Deporte Universitario, este mesmo documento en francés e inglés, os idiomas oficiais de FISU. Entre o 16 de marzo e o 30 de maio, unha delegación deste organismo internacional viaxará á cidade para avaliar o proxecto presentado, como fixera o CSD. Finalmente, o 31 de maio, a cidade deberá defender a súa proposta en Bruxelas ante a Comisión da FISU, quen resolverá ese mesmo día.
Descargar todas as imaxes