mércores, 27 febreiro 2008

Domínguez salienta que o orzamento da Concellería de Comercio para 2008 é "o máis alto e participativo da historia"

mércores, 27 feb 2008

O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo e Comercio, Santi Domínguez, salientou este mércores que o orzamento da Concellería de Comercio do 2008 é o "máis alto e participativo da historia do Concello de Vigo". Ademais, o tenente de alcalde anunciou que inmediatamente despois das eleccións xerais manterá unha primeira reunión coas asociacións representativas do comercio e a hostelería da cidade "para chegar a acordos sobre como se investirán os orzamentos no pequeno e mediano comercio de Vigo".

Concentración na praza do Rei en contra da violencia de xénero

mércores, 27 feb 2008

Cidadáns e membros da Corporación Municipal de Vigo mostraron este mércores na praza do Rei o seu rechazo á violencia de xénero cunha concentración na que gardaron catro minutos de silencio, un por cada unha das mulleres asasinadas o martes.

A Sociedade Española de Neuro-Raquis celebrará en Baiona o seu congreso anual

mércores, 27 feb 2008

O VIII Congreso da Sociedade Española de Neuro-Raquis atraerá a Vigo do 5 ao 7 de marzo a destacadas figuras da neurocirurxía, entre elas algunhas especializadas no tratamento da columna vertebral, como o doutor británico Stewart Tucker e o alemán Juergen Harms. O alcalde, Abel Caballero, reuniuse este mércores co doutor Otero Vich, presidente do comité organizador, para tratar da celebración deste evento.<br />