A mostra "Artifex. Enxeñería romaña en España" inaugura o programa de exposicións temporais do Museo de Castrelos para 2008
A montaxe "Artifex. Enxeñería romana en España", que se inaugura este mércores é unha boa mostra diso, pretende dar a coñecer o legado técnico da enxeñería romana a través das súas innovacións e logros en diversos ámbitos, efectuando un percorrido polos diferentes avances técnicos dos romanos na súa enxeñería civil en obras como as calzadas, acueductos, pontes e explotacións mineiras, entre outras infraestruturas do seu tempo.
A presentación dos contidos faise a través de cinco áreas temáticas. A primeira delas, "A construción: materiais e maquinaria", contempla as principais técnicas e materiais utilizados polos construtores romanos, deténdose nas grandes innovacións, como o emprego masivo do formigón de cal na construción de arcos e bóvedas con axuda de cimbras provisionais de madeira e, así mesmo, nos exemplos da maquinaria e instrumental utilizados nas obras públicas.
Na área II, "As comunicacións, calzadas, pontes e portos", trátase da construción de infraestruturas para o transporte, tanto terrestre como marítimo; infraestruturas que fixeron posible a expansión militar, comercial, administrativa e cultural de Roma.
"A cidade e o seu equipamento", terceira das áreas da exposición, trata fundamentalmente o tema do abastecemento da auga na cidade e as obras de saneamento urbano. Na área IV, dedicada a "Minería e Metalurxia", exponse o panorama das principais explotacións de minerais metálicos
da Península Ibérica, con detemento nalgúns dos procedementos empregados na súa obtención e tamén na súa elaboración, caso das técnicas de fundición de bronce á cera perdida, xeneralizadas na estatuaria, e aplicadas na construción de instrumentos e máquinas.
Finalmente, na área V trátase de determinadas "Técnicas e artes industriais", dende a industria da salga ata a fabricación do vidro, elaboración de tinguiduras ou transformacións de produtos agrarios, que nos achegan a algúns dos usos e costumes cotiáns da civilización romana.
A mostra, producida polo Museo Municipal en colaboración co Centro de Estudios Históricos de Obras Públicas y Urbanismo (CEHOPU) e o Ministerio de Fomento e comisariada por Ignacio González Tascón, pódese visitar na sala de exposicións temporais ata o 27 de abril de xeito libre e gratuíto, en horario de 17.00 a 20.00 horas de martes a sábados e de 10.00 a 13.30 horas os domingos e festivos. Ademais, o Museo ofrece a posibilidade de realizar visitas guiadas á exposición, coa realización dun obradoiro didáctico. Neste caso o horario é os martes e xoves de 10.30 a 11.30 horas, e os sábados de 17.30 a 18.30 horas. A reserva pode facerse no teléfono 986 460 812.
Creada polo Ministerio de Cultura e a Fundación Juanelo Turriano, que ten como obxetivo a promoción e a coordinación do estudo histórico da técnica e da ciencia nas súas diversas vertientes, esta montaxe foi inaugurada en 2002 no Museo Arqueolóxico Nacional. A partir do ano 2005 produciuse unha versión itinerante que a levou ao Museo Arqueolóxico de Sevilla, ao Porto de Tarragona; ao Museo Hidráulico de Los Molinos de Murcia; ao Museo de Arqueoloxía de Cataluña, de Barcelona e de Xirona; e ao Museo de Arte Romana de Mérida, entre outros, e nesta ocasión, a Vigo, única sede galega prevista para a mostra.