O Pleno aproba definitivamente a declaración das Zonas Acusticamente Saturadas
O Pleno da Corporación aprobou definitivamente este luns por unanimidade a modificación da ordenanza municipal de ruídos, así como a declaración como Zonas Acusticamente Saturadas (ZAS) de 31 rúas na súa totalidade e doutras tres de maneira parcial.
Son zonas ZAS aquelas nas que se producen uns elevados niveis sonoros debido á existencia de numerosas actividades de ocio ou establecementos públicos, á actividade das persoas que os utilizan, ao ruído do tráfico en ditas zonas ou a calquera outra actividade que incida na saturación do nivel sonoro.
Segundo establece a nova redacción da ordenanza poderán ser declaradas ZAS aquelas zonas nas que o promedio semanal nocturno supere en máis de 15 decibelios os niveis máximos permitidos na emisión ao medio ambiente exterior, aínda cando cada actividade individualmente considerada cumpra cos niveis establecidos na propia ordenanza.
Deste xeito, o acordo da Xunta de Goberno aprobado inicialmente hoxe luns polo Pleno declara como ZAS na súa totalidade as rúas Alfonso XIII e Travesía Alfonso XIII, Areal, Canceleiro, Castelar, Cervantes, Churruca, Colón, Praza de Compostela, Concepción Arenal, García Olloqui, Gravina, E. Heraclio Botana, Iglesias Esponda, Inés Pérez de Ceta, Irmandiños, Isabel II, Lepanto, Luís Taboada, Martín Códax, Montero Ríos, Oporto, Pablo Morillo, Pontevedra, República Arxentina, Rrogelio Abalde, Rosalía de Castro, Roupeiro, Travesía Santiago de Vigo, Serafín Avendaño e Uruguai. As rúas declaradas como ZAS parcialmente son García Barbón (do número impar 1 ata o 137 e do número par 2 ata o 102), Isaac Peral (dos números pares 2 ao 8) e Urzáiz (do número 1 ao 49).
Esta declaración significará, entre outras medidas, que nesas zonas non se outorgarán máis licenzas para actividades nocturnas como poden ser as de bares, pubs e discotecas, e que as terrazas terán que estar recollidas antes das 02.00 horas no verán e antes das 24.00 horas durante o resto do ano.
Ordenanza de Carga e Descarga
Tamén aprobou o Pleno da Corporación, desta vez inicialmente e cos votos favorables de PSdeG-PSOE e BNG e a abstención do PP, a ordenanza municipal reguladora da carga e descarga de mercadorías na vía pública, cuxa presentación foi realizada o pasado 1 de febreiro polo concelleiro de Mobilidade, Xulio Calviño, tras a súa reunión con representantes das asociacións de transportistas e distribuidores.
Inspección Técnica de Edificios
Outra ordenanza aprobada inicialmente este luns é a de axudas aos propietarios que carezan de recursos suficientes para a realización da Inspección Técnica de Edificios (ITE). Esta ordenanza, que recibiu o apoio unánime do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo o 14 de febreiro, foi aprobada este luns polo Pleno cos votos favorables de todos os seus membros.
Descargar todas as imaxes