A Concellería de Mobilidade proporá unha ordenanza para regular a carga e descarga
O concelleiro de Tráfico, Mobilidade e Seguridade, Xulio Calviño, reuniuse este venres con representantes das asociacións de transportistas e distribuidores para revisar a proposta de Ordenanza Municipal de Carga e Descarga que se presentará ao Pleno da Corporación este mes de febreiro.
A Ordenanza proposta ten como obxectivo regular as operacións de carga e descarga en vehículos de reparto das vías urbanas da cidade de Vigo, coa finalidade de garantir que se executen en condicións idóneas de seguridade e sen causar prexuízo ao tráfico rodado e peonil.
Desde un punto de vista máis ambicioso e segundo indicou Xulio Calviño na rolda de prensa na que presentou esta iniciativa, a proposta contempla na súa disposición adicional primeira, a aprobación por parte do Concello, en seis meses desde a entrada en vigor da Ordenanza, dun texto que refunda e actualice a normativa existente en materia de tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial.
Os obxectivos básicos do texto refundido serían, segundo adiantou o concelleiro, incrementar as medidas de seguridade vial na cidade, reducir a presenza do transporte pesado nas zonas urbanas e o específico da proposta presentada este venres en relación á carga e descarga.
No tocante a este punto, a proposta de Ordenanza obxecto da reunión entre o concelleiro de Mobilidade e as asociacións de transportistas e distribuidores busca que as operacións de carga e descarga se realicen da maneira máis ordenanda e cómoda posible.
Entre as medidas que se propoñen para alcanzar este fin están a de establecer un polígono interior delimitado por unha serie de rúas e avenidas onde se prohibe realizar operacións de carga e descarga de mercadorías nos espazos reservados na vía pública durante as seguintes horas: das 07.30 ás 22.00, nos tramos de rúas con carril reservado para transporte público; no resto de rúas, das 07.30 ás 09.30, das 13.00 ás 15.00 e das 18.00 ás 22.00 horas, excepto domingos e festivos, e, fóra destes horarios, os espazos reservados para carga e descarga de uso público coas restricións propias segundo a zona (XER, residentes...). O polígono interior no que se aplicarán estas normas é o delimitado pola avenida da Marina Española, avenida de Galicia, avenida de Bos Aires, Travesía de Vigo, rúa Aragón, rúa Jenaro de la Fuente, avenida Martínez Garrido, avenida Arquitecto Palacios, avenida de Castrelos, avenida de Portanet, avenida de Citroën e circunvalación Oeste ata a Zona Franca.
Outras medidas propostas son prohibir aos turismos e aos vehículos de mudanzas realizar carga e descarga nas zonas reservadas para estas tarefas no horario establecido. Ademais, proponse permitir tarefas de carga e descarga nas zonas reservadas para o transporte público urbano, exclusivamente durante o horario nocturno e sempre e cando as liñas estean sen servizo.
Así mesmo, proponse reducir a sinalización das zonas de carga e descarga aos sinais verticais S-17 e R-307 e á marca amarela en zigzag e a marca amarela lonxitudinal continua no caso dos horizontais.
Descargar todas as imaxes