Escoitar

Os edificios que se constrúan no Ensanche deberán manter as tipoloxías arquitectónicas tradicionais

A Comisión do Plan Especial de Conservación e Rehabilitación do Ensanche (PEC) decidiu na súa reunión deste martes na Xerencia de Urbanismo que as edificacións que se constrúan nesta zona da cidade terán que manter as tipoloxías arquitectónicas dos edificios tradicionais.

mércores, 27 feb 2008
1204121577pec270208.jpg
O alcalde, Abel Caballero, explicou tras a xuntanza que con este criterio quérese preservar a "beleza arquitectónica" do Ensanche, impedindo, por exemplo, que se constrúan edificios con vidreiras xunto ás tradicionais fachadas de pedra. Caballero lembrou que entre as competencias do Concello non está a de evitar que se constrúan edificios de maior altura na zona, pero si "determinar as tipoloxías" das construcións.

O alcalde cualificou de "disparate" a derruba dalgúns edificios no Ensanche, se ben recoñeceu a legalidade destas operacións. Precisamente por este motivo, Caballero afirmou que "isto temos que paralo co novo Plan do Ensanche".

Cooperación internacional

Por outra parte, o alcalde mantivo este mércores no seu despacho unha reunión con representantes da organización arxentina de cooperación internacional "Gacigalupo", que traballa no fomento do deporte para mozos e mozas diminuídos. Os representantes de Gacigalupo solicitáronlle a Abel Caballero a axuda do Concello de Vigo para o desenvolvemento das actividades da súa organización. O alcalde adiantou que desde o Concello se seguirán mantendo contactos con "Gacigalupo" para estudar unha posible colaboración.

Descargar todas as imaxes