martes, 11 xul 2017
O alcalde e a presidenta da Deputación rubricaron este martes un convenio de apoio ao festival de cultura urbana, que acollerá Vigo do 11 ao 13 de agosto. A Deputación achega 181.500 euros e o Concello, 218.500 euros, un respaldo que garante a celebración de O Marisquiño en Vigo, asegurou Abel Caballero.
xoves, 6 xul 2017
O Concello e a Deputación de Pontevedra asinaron este xoves un convenio de apoio por 155.000 euros ao evento, que aúna gastronomía, música e deporte, e celébrase do 7 ao 9 de xullo
xoves, 29 xuñ 2017
Coa participación do alcalde, a 43ª edición da Feira do Libro de Vigo arrancou este xoves, e ata o 8 de xullo, na Porta do Sol, en horario de 11 a 14 e de 17:30 a 22 horas. Abel Caballero manifestou que agarda que emprazalo no "mellor sitio da cidade" sirva "para favorecer, para estimular, para apoiar" o evento.
xoves, 29 xuñ 2017
Despois de achegarse ao cemiterio de Pereiró este xoves, Abel Caballero definiu a Alfonso Zulueta de Haz como un "defensor do mundo da cultura", un "gran vigués, unha gran persoa", que "tan bo nome e tantos bos recordos deixou na cidade".
mércores, 14 xuñ 2017
O Padroado do MARCO acordou onte martes a súa "adaptación" ao que "mandan os estatutos", quedando as administracións partícipes representadas en función da súa participación no orzamento do Museo -o Concello achega o 75,24% do total, segundo recordou o alcalde-. Caballero defendeu que "é o momento" de "dinamizar" o MARCO e dotalo dunha "ambición distinta".
luns, 12 xuñ 2017
O alcalde convidou este luns á cidadanía a presenciar as actuacións programadas na décimo terceira edición do Festival de Jazz de Vigo, Imaxina Sons'17, do 30 de xuño ao 8 de xullo en distintos puntos da cidade. Esta iniciativa municipal trae a Vigo a figuras emerxentes e consolidadas do jazz europeo, ao tempo que promove as propostas galegas e peninsulares máis interesantes.
venres, 26 mai 2017
Por segundo ano consecutivo, Vigo será a primeira parada do Tour de presentación da "Escola de Rock", proxecto promovido polo concello portugués de Paredes de Coura. Será mañá sábado, ás 18,00 h.
venres, 26 mai 2017
Na presentación do "Atlantico Express", a viaxe en tren entre Vigo e Oporto para promover os festivais da provincia, o rexedor puxo en valor a importancia destes eventos musicais que "se enraízan nas festas" populares.
mércores, 24 mai 2017
O alcalde recibiu este mércores á cantante Ángeles Ruibal quen lle presentou o disco que vén de publicar no que rende homenaxe á poetisa musicando e interpretando a súa obra con catorce temas en galego e castelán. A cantante española, amiga da escritora María do Carme Kruckenberg, falecida no ano 2015, contou no seu novo álbum coa guitarra e dirección musical de Cuchús Pimentel.
mércores, 24 mai 2017
O Concello clausurou esta semana a mostra "Emporium: Mil Anos de Comercio en Vigo", aberta no Museo Verbum en xuño do pasado ano. O alcalde enxalzou o "éxito extraordinario" e a "gran calidade" da exposición, que "pon de relieve a historia de Vigo nos mil primeiros anos da era cristiá".