mércores, 27 set 2017
A Casa das Artes albergará desde hoxe ata o 5 de novembro a exposición "Os mundos de Carlos Casares", unha mostra que fai un percorrido pla vida e pola obra do autor, a quen se adicou o Día das Letras Galegas en 2017.
luns, 25 set 2017
Caballero participou este luns na presentación desta exposición -visitable na Casa da Artes do 27 de setembro ao 5 de novembro-, que ofrece un percorrido pola obra, vida e tempo de Carlos Casares a través de paneis, audiovisuais, obxectos persoais, imaxes inéditas e documentos históricos, cun total de máis de 500 pezas.
venres, 15 set 2017
O venres 29 arranca a programación do segundo semestre de VIGOCULTURA cun espectáculo de rúa a cargo do Trío Refugallo, que irá desde a Porta do Sol ata Príncipe. Será o primeiro das 22 funcións previstas nesta nova tempada, que volverá contar con teatro, música, danza, circo e un espectáculo para bebés.
mércores, 23 ago 2017
Con motivo do seu 60 aniversario, o Padroado da Fundación Coral Casablanca será recibido polo Papa Francisco no Vaticano o próximo 27 de setembro. Alí, entregaranlle unha bandeira da cidade que lles deu esta mañá o rexedor e unha carta súa que lles fará chegar proximamente "como embaixadores culturais da cidade" ante o máximo dirixente do catolicismo. Abel Caballero recibiu este mércores ao presidente da Coral, Ignacio Amoedo, e aos vicepresidentes, José Carlos Jiménez e Jesús Sáez, a quen lles pediu que lle transmitan ao Pontífice a proximidade e beleza de Vigo.
xoves, 17 ago 2017
O alcalde recibiu este xoves de man do SEPRONA o material da época romana, Idade Media e dos séculos XII ao XVII que se deposita no Pazo de Castrelos por orde xudicial, logo dunha investigación iniciada en Murcia, que continúa aberta.
venres, 4 ago 2017
O alcalde, Abel Caballero, presentou a programación da Noite Branca, o próximo venres 11 de agosto, cos museos de Vigo abertos ata as dúas da mañá, 37 visitas guiadas, a inauguración da nova mostra Forever Young na Casa das Artes, exposicións temporais e ata dez concertos. <br />
xoves, 3 ago 2017
A mostra "Carlos Casares e a fotografía", organizada polo Concello e a Fundación do escritor, amosará durante un mes na Casa da Cultura Galega unha faceta creativa descoñecida do escritor con fotos do seu álbum persoal.
venres, 21 xul 2017
No transcurso da sinatura do convenio entre Xunta e Universidade de Vigo para a exhibición do manuscrito do século XIII en Vigo, Abel Caballero salientou o "encontro coa nosa propia historia, tradición e cultura" que supón o regreso a Vigo do documento.
martes, 11 xul 2017
Este martes tivo lugar a inauguración dunha nova edición deste ciclo que enche de arte os espazos da Alcaldía do Concello de Vigo, desta volta a cargo da viguesa Anta Termes, licenciada en Belas Artes pola Universidade de Sevilla, que expón a súa proposta pictórica nunha veintena de obras.
martes, 11 xul 2017
O alcalde e a presidenta da Deputación rubricaron este martes un convenio de apoio ao festival de cultura urbana, que acollerá Vigo do 11 ao 13 de agosto. A Deputación achega 181.500 euros e o Concello, 218.500 euros, un respaldo que garante a celebración de O Marisquiño en Vigo, asegurou Abel Caballero.