O número 39 da rúa Zamora loce unha placa en memoria da poeta Xela Arias

venres, 14 mai 2021

O Concello continúa coas actividades conmemorativas do día das Letras Galgas, que este ano distingue a poetisa viguesa -nacida en Sarria – Xela Arias. Xunto coa nai, Amparo Castaño, o presidente da RAG, Víctor Freixanes, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, o rexedor descubriu un emblema que manterá a memoria desta artista entre as rúas de Vigo para sempre.

O Concello honra a Xela Arias cunha programación para toda a familia

xoves, 13 mai 2021

O alcalde presentou en rolda de prensa medio centenar de propostas coas que o goberno de Vigo quere “rememorar a Xela para traela dende a memoria ao presente activo da cidade”. As actividades esténdense ao resto do ano porque “o Día das Letras Galegas é o luns pero é o ano de Xela Arias”, sinalou Caballero.

Vigo recibe no Museo de Castrelos bens arqueolóxicos incautados polo Seprona

mércores, 5 mai 2021

O municipal Quiñones de León custodia desde este mércores as pezas, recuperadas pola Garda Civil no marco dunha investigación que continúa baixo segredo xudicial. O alcalde, que asinou co coronel xefe da Comandancia a acta de depósito, valorou o “enriquecemento da cultura universal a través destas pezas que hoxe forman parte da luz e saíron da escuridade grazas ao Seprona”.

Vigo acolle o 16 de maio o Concerto das Letras Galegas na honra de Xela Arias

xoves, 29 abr 2021

O alcalde e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, xunto a Darío Gil Arias, fillo de Xela Arias, presentaron este xoves o espectáculo de Laura LaMontagne &PicoAmperio, que se celebra o domingo 16 de maio ás 20:00 horas no Auditorio Mar de Vigo, como preámbulo do acto central do Día das Letras Galegas desde 2021.